Inmobiliaria

Casa Casa en Campo da Rosa (Pastoriza)

Descrición xeral breve

No propio casco urbano da Pastoriza, no tranquilo barrio do Campo da Rosa, atopamos esta vivenda independente de dúas alturas, con terreo e espazo suficiente tanto para o día a día como para desfrutar ao aire libre. A casa está totalmente acondicionada para vivir, cos suministros de luz e auga de alta, calefacción de gasóleo e véndese semiamoblada, o que permite entrar a vivir sen necesidade de grandes investimentos iniciais.

 

Na planta baixa conta cunha cociña moi ampla, luminosa e funcional, totalmente equipada con electrodomésticos e mobiliario. Xusto na entrada da casa, hai un estudo e unha galería que achegan luz e espazo extra, perfectos para zona de traballo, lectura ou descanso. Tamén nesta planta encontramos tres dormitorios ben distribuídos, un salón comedor cómodo e acolledor e un baño completo. A parte superior da vivenda alberga outro estudo, un segundo baño, un dormitorio adicional e unha práctica lacena, ideal como espazo de almacenaxe ou incluso para ampliar o uso como cuarto de lavado ou vestiario.

 

A propiedade inclúe un garaxe amplo, perfecto para vehículo, almacenaxe ou como pequeno taller, así como varios alpendres anexos que permiten ter animais ou destinarse a outros usos segundo as necesidades. O terreo situado na parte traseira da casa é especialmente interesante, xa que ofrece espazo suficiente para unha horta, un xardín ou unha zona de lecer e descanso ao aire libre, mantendo sempre un ambiente tranquilo e privado.

 

A súa localización é un dos puntos fortes desta vivenda, xa que se atopa a poucos metros de todos os servizos que ofrece a Pastoriza –centro de saúde, supermercados, farmacia, colexios, cafeterías– e ao mesmo tempo conserva o encanto dun entorno rural, con vistas abertas e sensación de espazo.

 

Trátase dunha oportunidade ideal tanto como residencia habitual como segunda vivenda, para quen busque tranquilidade sen afastarse do centro da vida diaria.

Para máis información ou para concertar unha visita, non dubides en contactar. Esta vivenda pode ser o que estás buscando!

211 m²

Localización

Praza Maior, 12

27240 Meira, Lugo

Contacto

982 330 131

689 13 81 34

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.